Premio Sanford Saltus de Medalla

Non confundir coa Medalla Sanford Saltus da British Numismatic Society.
Placa co retrato de Sanford Saltus (Metropolitan Museum of Art)

O Premio Sanford Saltus de Medalla da American Numismatic Society (formalmente: J. Sanford Saltus Award for Outstanding Achievement in the Art of the Medal) toma o seu nome de J. Sanford Saltus (1853-1922), quen inaugurou este galardón en 1913.[1]

Esta medalla de prata, deseñada por Adolph A. Weinman, outórgaselles a escultores e gravadores pola súa distinción no campo da arte da medalla. Inicialmente tratábase dun recoñecemento exclusivo a artistas dos Estados Unidos, aínda que desde 1983 está aberto tamén aos estranxeiros. Por exemplo, o gañador en 2011 foi o portugués João Duarte.[2]

  1. "Saltus, J. Sanford, 1853-1922". American Numismatic Society.
  2. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne