Presidencia da Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Titular
Alfonso Rueda
Dende o 12 de maio de 2022

TratamentoExcelentísimo señor
ResidenciaResidencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela
SedePazo de Raxoi, Santiago de Compostela
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porParlamento de Galicia
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Creación22 de xaneiro de 1982
Primeiro titularXerardo Fernández Albor
Precedido porAlberto Núñez Feijóo
Salario72.679,92 €/ano
Sitio webwww.presidente.gal
Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela.

A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle aoParlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía[1], escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981.[2] O mandato de goberno é de catro anos, que poden ser renovábeis.

Desde 2022, a presidencia da Xunta de Galicia recae no pontevedrés Alfonso Rueda Valenzuela.

  1. "O presidente no Estatuto de Autonomía". xunta.gal. Consultado o 10-12-2018. 
  2. "Todos os presidentes da Xunta de Galicia". Consultado o 16 de xuño de 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne