Presidencia do Goberno de Navarra | |
---|---|
Tratamento | Excelentísima señora |
Ámbito | Comunidade Foral de Navarra |
Designado por | Parlamento de Navarra |
Duración | Catro anos |
Creación | 15 de maio de 1984 |
Primeiro titular | Jaime Ignacio del Burgo |
Precedido por | Uxue Barkos |
Sitio web | www.navarra.es |
A presidencia do Goberno de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Gobernuko Lehendakaria) é un cargo político e institucional da Comunidade Foral de Navarra, España. Trátase dunha das tres institucións da Comunidade Foral de Navarra xunto ao Goberno de Navarra e ao Parlamento de Navarra. A súa regulación legal está incluída na Lei Orgánica 13/1982, do 10 de agosto, de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra que actualiza o autogoberno da Comunidade Foral de Navarra ao amparo da Constitución española de 1978 quen lle asigna a máxima representación da Comunidade Foral de Navarra.