O presidente é o xefe de estado e o xefe de goberno do Salvador.[1] En 1824, a Alcaldía Maior de Sonsonate e a Intendencia de San Salvador uníronse formando o Estado do Salvador, adherido ás Provincias Unidas da América Central. Segundo a lei federal os gobernantes recibían o título de Xefe Supremo ata 1841, cando O Salvador se declarou independente, e os seus gobernantes pasaron a ser denominados presidentes.