O Primeiro ministro de Israel é o xefe do goberno do Estado de Israel. É a figura política máis importante do país e a Lei Básica de Israel: o goberno (1968, emendada en 2001) regula as súas responsabilidades así como o funcionamento do executivo.[1] Tanto a súa oficina como a residencia oficial están en Xerusalén. Dende 2021 exerce o cargo Naftali Bennett. O primeiro en exercer o cargo foi David Ben-Gurion en 1948 e o primeiro ministro que máis tempo estivo no cargo foi Benjamin Netanyahu, cun total de 15 anos e 92 días de servizo.