Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1088 | |||
Disolución | 1465 | |||
O Principado de Tarento foi un estado no sur de Italia creado en 1085 por Bohemundo I, o fillo máis vello de Robert Guiscard de Hauteville duque de Apulia, Calabria e Sicilia, como parte da paz entre el e o seu irmán máis novo, Roger Borsa despois dunha disputa sobre a sucesión ao Ducados de Apulia e Calabria.
Tarento converteuse na capital do principado, que cubría case todo o calcañar de Apulia. Durante os seguintes 377 anos de historia, ás veces era un feudo poderoso e practicamente independente do Reino de Sicilia (e despois do Reino de Nápoles), ás veces só era un título, dado a miúdo ao herdeiro da coroa ou ao esposo dunha raíña reinante. Cando a Casa de Anjou foi dividida, Tarento recaeu na casa de Durazzo (1394-1463).
Fernando I de Nápoles uniu o Principado de Tarento ao Reino de Nápoles á morte da súa esposa, Isabel de Tarento. O principado chegou ao seu fin, pero os reis de Nápoles continuaron dando o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, primeiramente ao futuro Afonso II de Nápoles, o fillo máis vello de Isabel.