Privilege Style

Privilege Style
IATA
P6
OACI
PVG
Indicativo
PRIVILEGE
Fundación2003
Aeroporto principalaeroporto de Madrid-Barajas
Frota4
DirixentesChema Álvarez
Páxina web: http://www.privilegestyle.com

Privilege Style é unha aeroliña chárter española coa súa sede en Palma de Mallorca e baseada no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas. O seu presidente é o trivés Chema Álvarez e o nome dalgúns dos seus avións fan referencia á súa procedencia. O seu avión máis recente, un Boeing 777-200ER, foi bautizado como "Auria", o seu Boeing 767-300ER recibiu o nome de Eduardo Barreiros, homenaxeando ao empresario ourensán, e un dos Boeing 757-200 chámase "Milagros Díaz", igual que a nai do presidente[1][2]

Privilege Style opera voos chárter no nome doutras aeroliñas, turoperadores, equipos deportivos ou clientes VIP.

  1. Galicia Press (ed.). "Privilege Style, del ourensano Chema Alvarez, bautiza su Boeing 777, con el nombre de "Auria"". Consultado o 15 de maio de 2018. 
  2. CRTVG (ed.). "O empresario aéreo galego Chema Álvarez ponlle o nome de Eduardo Barreiros ao novo avión da compañía". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne