Por profundidade de campo enténdese tradicionalmente na óptica, e na fotografía en particular, como a zona na cal a imaxe captada polo obxectivo é nítida, é dicir, enfocada. Tecnicamente é o espazo de diante e de detrás do plano enfocado, comprendido entre o primeiro e o último punto apreciablemente nítido reproducidos no mesmo plano de enfoque. Canto menor for a abertura do diafragma/iris (maior o valor), para unha mesma distancia do obxecto fotografado, maior será a distancia do plano de foco a que os obxectos poden estar para permaneceren nítidos.
A profundidade de campo aumenta en relación inversa á apertura, é dicir, aumente canto máis cerrado se encontra o diafragma ou o que é o mesmo, canto maior sexa o número f escolleito. Por exemplo, cun diafragma de f5,6 a profundidade de campo non será moi ampla, mentres que cun diafragma de f11 ou de f16 será considerable.
Por outra banda, canto máis cerca estea o motivo que a fotografar, menor será a profundidade de campo, independentemente do diafragma seleccionado. Se se utilizan teleobxectivos tamén se reduce a profundidade de campo. Con obxectivos angulares, a profundidade de campo aumenta.