O Programa Explorer é un programa da NASA pensado para proporcionar oportunidades de voo frecuentes a misións espaciais que utilicen unha aproximación e xestión innovadoras adicadas aos campos da heliofísica e a astrofísica. O programa está moi enfocado a misións cun forte compoñente educativo e divulgativo e está pensado tamén para dar unha resposta rápida a novas oportunidades científicas. Nestas misións tamén se valora a colaboración internacional e nalgúns casos serven como paso previo para o lanzamento de misións máis grandes e completas. Dentro do programa poden atoparse subdivisións en función do custo da misión.
O programa Explorer comezou co lanzamento do Explorer 1 en febreiro de 1958, o primeiro satélite artificial posto en órbita polos Estados Unidos e que se adicou a estudar a contorna do espazo terrestre, decubrindo o cinto de Van Allen. Dado o seu éxito seguiron outros satélites Explorer para estudar a ionosfera e magnetosfera terrestres.