Project Management Body of Knowledge | |
---|---|
Título orixinal | A Guide to the Project Management Body of Knowledge |
Autor/a | Project Management Institute (PMI) |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | xestión do proxecto |
Editorial | PMI |
Data de pub. | 1996 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Project Management Body of Knowledge, tamén coñecido como PMBOK®[1] é un conxunto de prácticas en xestión de proxectos definidas polo Project Management Institute (PMI) e constitúen a base da metodoloxía de xestión de proxectos do PMI. Estas prácticas compílanse na forma dunha guía, chamada Guía do Conxunto de Coñecementos de Xestión de Proxectos, ou Guía PMBOK.