Protamina

As protaminas son pequenas proteínas, ricas no aminoácido básico arxinina, que substitúen ás histonas nas últimas fases da espermatoxénese e pénsase que son esenciais para a condensación e estabilización do ADN nos espermatozoides. Parece que permiten un empaquetado máis denso do ADN no reducido espazo da cabeza dos espermatozoides que as histonas, pero deben ser despois descomprimidas para que a información xenética poida usarse para a síntese de proteínas. De feito, os xenes que son básicos para o desenvolvemento embrionario temperán continúan unidos ás histonas, e supoñen aproximadamente un 4% do ADN dos espermatozoides.[1]

  1. Balhorn R (2007). "The protamine family of sperm nuclear proteins". Genome Biol 8 (9): 227. PMC 2375014. PMID 17903313. doi:10.1186/gb-2007-8-9-227. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne