Protista Rango fósil: Neoproterozoico – Recente | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos típicos | |||||
Moitos outros; a clasificación varía |
O reino Protista (protistas), tamén chamado ás veces Protoctista (ver a sección "clasificación"), é aquel que contén a todos os organismos eucariontes que non poden clasificarse dentro dalgún dos outros tres reinos eucarióticos: Fungi (fungos), Animalia (animais en sentido estrito) ou Plantae (plantas). Na árbore filoxenética dos organismos eucariontes, os protistas forman varios grupos monofiléticos separados, ou inclúen membros que están estreitamente emparentados con algún dos tres reinos citados.
Desígnaselles con nomes que perderon valor na ciencia biolóxica, pero cuxo uso é imposible desterrar, como «algas» ou «protozoos». O propio reino Protista non é utilizado xa en moitas clasificacións por ser parafilético. Nos sistemas de clasificación cladísticos (baseados nos antepasados comúns) non se utiliza e os membros do taxón son distribuídos en diversos supergrupos (SAR, Archaeplastida, Excavata, Opisthokonta etc.).