Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pontevedra.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828
habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022). É a provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.