Proximidades Barcelona

Viaduto de Proximidades en Cornellà de Llobregat.
Tren de Proximidades Renfe

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Cataluña xestiona o servizo de Renfe Proximidades en Cataluña.[1] Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona Logotipo antigo e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya Logotipo actual.

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità[2] (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

  1. El Periódico - A Generalitat xestionarà Rodalies a partir do 1 de xaneiro de 2010.[Ligazón morta]
  2. "Autoritat del Transport Metropolita, sistema tarifario integrado.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 18 de xuño de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne