Pseudomonas

Pseudomonas

Colonias de P. aeruginosa nunha placa de ágar.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Familia: Pseudomonadaceae
Xénero: ''Pseudomonas''
Migula 1894
Especie tipo
'Pseudomonas aeruginosa'
Especies

Grupo de P. aeruginosa

P. aeruginosa
P. alcaligenes
P. anguilliseptica
P. argentinensis
P. borbori
P. citronellolis
P. flavescens
P. mendocina
P. nitroreducens
P. oleovorans
P. pseudoalcaligenes
P. resinovorans
P. straminea

Grupo de P. chlororaphis

P. agarici
P. asplenii
P. aurantiaca
P. aureofaciens
P. chlororaphis
P. corrugata
P. fragi
P. lundensis
P. taetrolens

Grupo de P. fluorescens

P. antarctica
P. azotoformans
'P. blatchfordae'
P. brassicacearum
P. brenneri
P. cedrina
P. corrugata
P. fluorescens
P. gessardii
P. libanensis
P. mandelii
P. marginalis
P. mediterranea
P. meridiana
P. migulae
P. mucidolens
P. orientalis
P. panacis
P. protegens
P. proteolytica
P. rhodesiae
P. synxantha
P. thivervalensis
P. tolaasii
P. veronii

Grupo de P. pertucinogena

P. denitrificans
P. pertucinogena

Grupo de P. putida

P. cremoricolorata
P. fulva
P. monteilii
P. mosselii
P. oryzihabitans
P. parafulva
P. plecoglossicida
P. putida

Grupo de P. stutzeri

P. balearica
P. luteola
P. stutzeri

Grupo de P. syringae

P. amygdali
P. avellanae
P. caricapapayae
P. cichorii
P. coronafaciens
P. ficuserectae
'P. helianthi'
P. meliae
P. savastanoi
P. syringae
'P. tomato'
P. viridiflava

incertae sedis

P. abietaniphila
P. acidophila
P. agarici
P. alcaliphila
P. alkanolytica
P. amyloderamosa
P. asplenii
P. azotifigens
P. cannabina
P. coenobios
P. congelans
P. costantinii
P. cruciviae
P. delhiensis
P. excibis
P. extremorientalis
P. frederiksbergensis
P. fuscovaginae
P. gelidicola
P. grimontii
P. indica
P. jessenii
P. jinjuensis
P. kilonensis
P. knackmussii
P. koreensis
P. lini
P. lutea
P. moraviensis
P. otitidis
P. pachastrellae
P. palleroniana
P. papaveris
P. peli
P. perolens
P. poae
P. pohangensis
P. protegens
P. psychrophila
P. psychrotolerans
P. rathonis
P. reptilivora
P. resiniphila
P. rhizosphaerae
P. rubescens
P. salomonii
P. segitis
P. septica
P. simiae
P. suis
P. thermotolerans
P. toyotomiensis
P. tremae
P. trivialis
P. turbinellae
P. tuticorinensis
P. umsongensis
P. vancouverensis
P. vranovensis
P. xanthomarina

Pseudomonas é un xénero de bacterias aerobias gramnegativas, que contén 191 especies descritas validamente.[1]

A especie Pseudomonas aeruginosa considérase hoxe un patóxeno oportunista de importancia clínica. Varios estudos epidemiolóxicos diferentes indican que a resistencia a antibióticos está incrementándose nos illados clínicos desta especie.[2]

Os membros do xénero presentan unha gran diversidade de metabolismos, e en consecuencia poden colonizar unha gran cantidade de nichos.[3] A facilidade con que se cultivan in vitro e a dispoñibilidade dun número crecente de secuencias de xenomas de cepas de Pseudomonas fixo que moitas investigacións científicas se enfoquen cara a este xénero. Entre as especies mellor estudadas están P. aeruginosa polo seu papel como patóxeno humano oportunista, o patóxeno das plantas P. syringae, a bacteria do solo P. putida, e a bacteria promotora do crecemento das plantas P. fluorescens.

Debido á súa ampla distribución nos medios acuáticos e nas sementes de plantas como as dicotiledóneas, as pseudomónadas foron observadas xa nas primeiras épocas da historia da microbioloxía. O nome xenérico Pseudomonas creado para estes organismos foi definido dun modo bastante vago por Walter Migula en 1894 e 1900 como un xénero de bacterias gramnegativas, bacilares con flaxelos polares con algunhas especies esporulantes,[4][5] pero o último punto probouse que era incorrecto, xa que o que parecían esporas eran gránulos refractivos de materiais de reserva almacenados.[6] Malia esta vaga descrición, a especie tipo, Pseudomonas pyocyanea (basónimo de Pseudomonas aeruginosa), demostrou ser o seu mellor descritor.[6]

Un artigo publicado na revista Scientific American en 2008 sinalaba que Pseudomonas pode ser o nucleador máis común para a formación de cristais de xeo nas nubes, polo que ten unha grande importancia na formación da neve e chuvia en todo o mundo.[7]

  1. Pseudomonas entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590-2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. http://ijs.sgmjournals.org/cgi/reprint/47/2/590.]
  2. Van Eldere J (2003). "Multicentre surveillance of Pseudomonas aeruginosa susceptibility patterns in nosocomial infections". J. Antimicrob. Chemother. 51 (2): 347–352. PMID 12562701. doi:10.1093/jac/dkg102. 
  3. Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1. 
  4. Migula, W. (1894) Über ein neues System der Bakterien. Arb Bakteriol Inst Karlsruhe 1: 235–328.
  5. Migula, W. (1900) System der Bakterien, Vol. 2. Jena, Germany: Gustav Fischer.
  6. 6,0 6,1 Palleroni, Norberto J. (2010). "The Pseudomonas Story". Environmental Microbiology 12 (6): 1377–1383. doi:10.1111/j.1462-2920.2009.02041.x. PMID 20553550.
  7. Do Microbes Make Snow?

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne