Pseudouridina | |
---|---|
![]() | |
5-[(2S,3R,4S,5R)-3,4-Dihidroxi-5-(hidroximetil)-oxolan-2-il]-1H-pirimidina-2,4-diona | |
Outros nomes psi-Uridina, 5-Ribosiluracilo, beta-D-Pseudouridina, 5-(beta-D-Ribofuranosil)uracilo | |
Identificadores | |
Número CAS | 1445-07-4 |
PubChem | 15047 |
ChemSpider | 14319 |
ChEBI | CHEBI:17802 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H12N2O6 |
Masa molecular | 244,20 g/mol |
Aspecto | Pos granulares brancos |
Solubilidade en auga | Moi soluble en auga. |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A pseudouridina (simbolizada coa letra grega psi, ψ) é un ribonucleósido derivado da uridina. Atópase en certos ARN non codificantes, como os ARN de transferencia ou os ARN ribosómicos. A pseudouridina non é incorpoarda ao ácido nucleico durante o proceso de transcrición, senón que se orixina por unha modificación postranscricional de certos residuos de uridina. Esta é a modificación de base nitroxenada máis frecuente nos ARN, e pode encontrarse en todos os tipos de organismos vivos.[1][2] [3][4]