A psicoterapia (do grego psykhē - mente, e therapeuein - curar; primeira referencia ca. 1890) é un tipo de terapia cuxa finalidade é tratar os problemas psicolóxicos, tales como depresión, ansiedade, dificultades para relacionarse, entre outros problemas de saúde mental.[1] É un proceso dialético efectuado entre un profesional, o psicoterapeuta - que pode ser psicólogo ou psiquiatra, e o cliente ou paciente.
Por ser unha área da saúde mental, a psicoterapia é a principal liña de tratamento para calquera asunto referente ao psiquismo. Para iso, propoñen intervencións psicolóxicas, cuxos obxectivos centrais son: