Pululano | |
---|---|
![]() | |
Outros nomes E1204 | |
Identificadores | |
Número CAS | 9057-02-7 |
UNII | 8ZQ0AYU1TT |
Propiedades | |
Fórmula molecular | (C6H12O5)n |
Aspecto | Po branco |
Solubilidade en auga | Soluble |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O pululano[1] (tamén chamado en parte da literatura pululana[2]) é un polisacárido formado por unidades de glicosa (un glucano), que producen certos fungos. O polímero é liñal e consta de unidades de maltotriosa, polo que é un α-1,4- ;α-1,6-glucano. Os tres residuos de glicosa que forman a maltotriosa están conectados entre si por enlaces glicosídicos α-1,4, mentres que as sucesivas maltotriosas están unidas por enlaces glicosidicos α-1,6. O pululano prodúceo a partir do amidón hidrolizado por fermentación o fungo Aureobasidium pullulans, de tipo lévedo.[3]
Como é un polímero comestible practicamente sen sabor, o seu principal uso comercial é na fabricación de películas comestibles solubles e transparentes, que se utilizan en varios produtos para ter bo alento ou de hixiene bucal.[4] Úsase na produción de cápsulas para suplementos dietéticos, recubrimentos, gomas de mascar e xelatinas. Como aditivo alimentario, ten o número E E1204.[5]
O polulano é estable en solución acuosa entre os pHs 3 e 8. É doadamente soluble en auga, pero non en solventes orgánicos. As disolucións son viscosas pero sen formar xeles.[5]
Algunhas bacterias, como por exemplo Klebsiella, producen encimas que degradan o polulano chamados pululanases.