Pygmalion | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Slowdive | ||||
Publicado | 6 de febreiro de 1995 | |||
Estudio(s) | Courtyard Studios, Abingdon | |||
Duración | 48:35 | |||
Xénero(s) | rock experimental, ambient, dream pop, shoegazing | |||
Selo(s) | Creation Records/EMI | |||
Produtor | Chris Hufford | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Pygmalion é o terceiro e derradeiro álbum de estudio da banda inglesa de dream pop Slowdive, editado o 6 de febreiro de 1995 a través do selo Creation Records. Trátase dunha partida dos anteriores dous discos incorporando un son máis experimental tirando cara a música electrónica con escasos arranxos atmosféricos. Todas as composicións son de Neil Halstead, e as letras nos temas "Miranda" e "Visions of La" son de Rachel Goswell. A ilustración da portada é obra do aclamado deseñador Steven Woodhouse.
En outubro de 2016 Pitchfork Media situouno no número 12 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[1]