![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (zh) 秦九韶 ![]() 1208 ![]() Anyue County (Dinastía Song) ![]() |
Morte | 1261 ![]() Meizhou (Dinastía Song) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de números, número irracional, astronomía e musicoloxía ![]() |
Ocupación | matemático, meteorólogo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Qin Jiyou ![]() |
Descrito pola fonte | Enciclopedia da China, (p.535) ![]() |
Qín Jiǔshào (秦九劭 en chinés simplificado, 秦九韶 en caracteres tradicionais, Ch'in Chiu-Shao en transcrición Wade-Giles) (contra 1202 – 1261) foi un matemático chinés, actualmente considerado como un dos máis grandes matemáticos do século XIII. Ademais era experto en moitos outros campos e desempeñou varios postos administrativos na burocracia de varias provincias chinesas.
A reputación de Qin Jiushao como matemático baséase no 数书九章 Shùshū jiŭzhāng (Tratado Matemático en Nove Seccións) editado en 1247. O tratado cubría asuntos que abarcaban desde a análise indeterminada até asuntos militares e inspeccións. No tratado, Qin incluía a unha versión do teorema chinés do resto, que usaba algoritmos para solucionar problemas.
Qin explica por primeira vez como expertos chineses calculaban datos astronómicos segundo o ritmo do solsticio de inverno. Entre os seus logros está a introdución dunha técnica para solucionar ecuacións, achar sumas de series aritméticas e solucionar sistemas lineais. Tamén introduciu o uso do símbolo cero nas matemáticas chinesas.