Queixo relado

Patacas asadas no microondas con 'queixo relado' semi-fundido.
Un dos ingredientes das fajitas mexicanas é o queixo relado, pode verse á esquerda da imaxe.

Denomínase queixo relado (en italiano: formaggio gratugiatto) ao produto que se obtén a partir do relado dun queixo xeralmente graxo e de consistencia dura por ser de baixa humidade, aínda que isto non é dabondo para un bo queixo relado, tamén debe posuír un notorio sabor e aroma (xeralmente algo picante) como o reggiano, o reggianito ou o parmesano. Pode ser mercado xa relado de fábrica e debidamente empaquetado ou pode facerse de forma caseira valéndose dun relador. Nalgunhas ocasións elabórase o queixo relado co obxecto de que funda mellor e recubra en estado líquido un alimento para posteriormente ser gratinado, este proceso proporciona un aspecto atractivo ao alimento.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne