Quibla

A parede da quibla, co mihrab e un minbar, na mesquita de Aqsunqur, O Cairo.

En árabe, a quibla[1][2][3] ou o alquibla[4][5] (a partir do árabe قبلة, al- qibla) designa de xeito xenérico unha dirección. Dende o punto de vista relixioso, indicaría a dirección precisa á que se teñen que orientar os fieis para realizar un acto concreto.

Na relixión islámica, é a orientación cara á Meca, precisa para realizar o precepto da oración e outros actos rituais (como a orientación das tumbas). En concreto, apúntase á Kaaba,[6] sita na mesquita de al-Haram ou mesquita sagrada. Tense discutido sobre cal é o lugar especial da Kaaba, o punto exacto onde, en realidade, todo o mundo islámico se orienta, sen chegar a unha conclusión definitiva.

Esta práctica significa que tódalas mesquitas do mundo (agás a Mesquita de Córdoba e as influídas por esta) estean orientadas cara á Meca. Dentro de cada mesquita, a dirección exacta vén indicada polo mihrab, que está situado no muro da quibla.

  1. "mesquita" no Dicionario de galego Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. da Xunta de Galicia
  2. "quibla". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 244. ISBN 84-7680-288-9. [ár] s f RELIX => alquibla 
  3. "quibla". Diccionario enciclopédico galego universal 51. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 71. ISBN 84-7680-429-6. [ár] s f RELIX Dirección na que os musulmáns se teñen que orientar… 
  4. "alquibla". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 376. ISBN 84-7680-288-9. (< ár al-quibla 'o punto do horizonte que se ten enfronte, o mediodía') … s m RELIX Orientación cara á Meca… 
  5. "alquibla". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 57. ISBN 84-7680-429-6. s m RELIX Orientación cara á Meca para onde deben mirar os musulmáns… 
  6. Bierman (1998), p. 150

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne