Joaquim Torra i Pla, coñecido como Quim Torra, nado en Blanes o 28 de decembro de 1962, é un avogado, editor, escritor e político catalán. Desde o 17 de xaneiro de 2018 é deputado no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura pola coalición electoral Junts per Catalunya.[1] O 14 de maio de 2018 foi investido como o presidente 131 da Generalitat de Cataluña,[2] cargo que ostentou até 28 de setembro de 2020, cando foi inhabilitado polo Tribunal Supremo como autor dun delito de desobediencia.