Quinina

Estrutura da quinina
Estrutura da quinina

Quinina

Quinina

Número CAS [130-95-0]
Fórmula química C20H24N2O2
Masa molecular 324,42
Propiedades físicas
Punto de fusión 177 °C
(descomponse lixeramente)
Punto de sublimación 180 °C
(en alto baleiro)
Densidade 1.293 g/cm3
Solubilidade En auga, 1 g/1900 ml
pH da solución saturada: 8,8
Tamén é solúbel en:
etanol (1 g/0,8 ml),
éter anhidro (4 g/l),
benceno (1 g/80 ml),
cloroformo (1 g/1,2 ml) e
glicerol (50 g/l)
Fluorescencia Azul, intensifícase en ácido sulfúrico

A quinina ou chinchona, C20H24N2O2, é un alcaloide natural, cristalino e de cor branca, e sabor moi amargo, que presenta propiedades antipiréticas, antipalúdicas e analxésicas, producido por distintas especies do xénero Cinchona.

A quinina era o principal composto empregado no tratamento da malaria até que foi substituída por outros medicamentos sintéticos máis eficaces, como a quinacrina, cloroquina e primaquina. E aínda se utiliza hoxe no tratamento da malaria resistente. Así memo intentou utilizarse para tratar doentes infectados con prións, pero cun éxito limitado.

É un composto empregado frecuentemente na adulteración da heroína.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne