Quintela, Arroxo, Baralla

Quintela
ParroquiaArroxo
ConcelloBaralla
Coordenadas42°54′59″N 7°15′30″O / 42.916348226055, -7.2582328661621
editar datos en Wikidata ]

Quintela é unha pequena aldea da parroquia de Arroxo. Dá o seu nome ó Castro de Quintela que ten unha forte tradición oral mais non se sabe certamente a súa localización. Tamén se di do mesmo que foi ocupado polos mouros, facendo covas baixo terra. A tradición oral é tan clara que todo Arroxado a coñece e dá datos de nomes e familias que as servían traéndolles alimentos dende Baralla. Tamén se di de obxectos atopados (p.e. unha navalla).

Tamén moi ligado a este castro pode ser o camiño que unía Baralla con Arroxo, fundido ata catro ou cinco metros durante o seu percorrido. Este camiño recibía o nome de "As Loirás" e foi cuberto na súa maior parte cando se asfaltou como estrada.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne