Quintela, Canedo, Ourense

Quintela

Vista parcial da zona recreativa de Quintela de Canedo
ParroquiaCanedo
ConcelloOurense
Coordenadas42°21′22″N 7°54′23″O / 42.356244444444, -7.9062722222222
Poboación136 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Quintela é un lugar da parroquia de Canedo, no concello ourensán de Ourense, na comarca de Ourense.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 136 habitantes (66 homes e 70 mulleres). Dista catro quilómetros da capital.

Quintela conta cunha zona verde de 1534 m² cunha zona recreativa. Tamén conta cun pequeno parque empresarial onde están asentadas empresas de moito peso na provincia. Este núcleo de poboación ten boa comunicación coa capital por medio das diversas liñas de transporte urbano que pasan por ela.

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Arrabaldo, Ourense". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne