R4: Ridge Racer Type 4 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Namco |
Distribuidora(s) | Namco |
Produtor(es) | Shigeru Yokoyama |
Deseñador(es) | Masatoshi Kobayashi |
Artista(s) | Kazutoki Kono |
Compositor(es) | Kohta Takahashi Hiroshi Okubo Asuka Sakai Tetsukazu Nakanishi Koji Nakagawa |
Lanzamento | ![]() |
Xénero | Carreiras |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Plataforma(s) | PlayStation, PlayStation Network |
Serie | Ridge Racer |
[ editar datos en Wikidata ] |
R4: Ridge Racer Type 4 (リッジレーサータイプ4 Rijji Rēsā Taipu Fō?) (coñecido como Ridge Racer Type 4 en Europa) é un videoxogo de carreiras desenvolvido e publicado por Namco para a Playstation. É o cuarto título da serie de videoxogos Ridge Racer e o derradeiro dos estreados para a consola PlayStation. Lanzouse o 3 de decembro de 1998 no Xapón e o ano seguinte en Europa e América do Norte. Posteriormente estreouse para PlayStation Network en 2011, e de novo en 2023 para PlayStation 4 e PlayStation 5, e está dispoñible en PlayStation Classic dende o 3 de decembro de 2018.[1] É o primeiro xogo da serie Ridge Racer de PlayStation en usar sombreado Gouraud en polígonos.