Rafael Nadal

Modelo:BiografíaRafael Nadal

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Rafael Nadal i Parera Editar o valor en Wikidata
3 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Manacor (España) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManacor Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista (2001–2024), modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado135 M$ (6 de maio de 2024) Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogomanicho  e revés a dúas mans Editar o valor en Wikidata
Adestrado porMarc López (pt) Traducir (–2024)
Carlos Moyá (2017–2024)
Francisco Roig (pt) Traducir (2005–2024)
Antoni Nadal Homar (1990–2017) Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 1080–228 Editar o valor en Wikidata  92 Editar o valor en Wikidata 1 (2020)
Tenis dobres 142–77 Editar o valor en Wikidata 11 Editar o valor en Wikidata 26 (2005)
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2004-2024  Equipe Espanhola de Copa Davis
Participou en
2018Copa Davis de 2018 (pt) Traducir
2016ténis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2016Copa Davis de 2016 (pt) Traducir
2016Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Duplas masculinas (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2015Copa Davis de 2015 (pt) Traducir
2013Copa Davis de 2013 (pt) Traducir
2011Copa Davis de 2011 (pt) Traducir
2009Copa Davis de 2009 (pt) Traducir
2008Copa Davis de 2008 (pt) Traducir
2008Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Simples masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2008Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 (pt) Traducir
2006Copa Davis de 2006 (pt) Traducir
2005Copa Davis de 2005 (pt) Traducir
2004Copa Davis de 2004 (pt) Traducir
2004Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Francisca Perelló (2019–) Editar o valor en Wikidata
PaisSebastià Nadal Editar o valor en Wikidata  e Aina María Parera Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Isabel Nadal Editar o valor en Wikidata
ParentesAntoni Nadal Homar, tío
Miguel Ángel Nadal, tío
Rafael Nadal Nadal, avó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webrafaelnadal.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1755783 Facebook: Nadal Twitter: RafaelNadal Instagram: rafaelnadal Youtube: UCCguGar8Ze-ntcyczt_gVAQ BNE: XX4435598 Olympic.org: rafael-nadal Editar o valor en Wikidata

Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.[1]

É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019).

Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais[2] e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.[3] Forma parte do Equipo de Copa Davis de España desde 2004, co cal obtivo o triunfo en cinco ocasións (2004, 2008, 2009, 2011 e 2019).

É o segundo tenista con máis títulos de Masters 1000 (36), só por detrás de Novak Đoković (38). Lonxe quedan os títulos de Roger Federer (28), Ivan Lendl (22) ou John McEnroe (19). Posúe o récord de vitorias consecutivas sobre unha mesma superficie, 81 (en terra batida).

É o tenista español con maior número de títulos individuais, 92 (superando a Manuel Orantes e a Conchita Martínez, con 33), máis títulos de Grand Slam, 22 (superando a Manolo Santana e a Arantxa Sánchez Vicario, con 4), máis títulos de Masters 1000, 36 (superando a Conchita Martínez, con 9), o que máis semanas pasou como número 1 da clasificación mundial da ATP (209 semanas, delas 56 consecutivas[4]) e o único que gañou o Aberto de Australia e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos.

En 2006 recibiu a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo[5] e o Premio Laureus World Sports á mellor promesa mundial do ano[6]. En 2008 recibiu o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes[7] e o Marca Leyenda. En 2009 recibiu o Gran Premio da Academia Francesa do Deporte á maior xesta deportiva do mundo no ano 2008. En 2010 foi galardoado co Premio "Ás do Deporte". En 2011 recibiu por segunda vez o galardón do Laureus World Sports, desta volta na súa máxima expresión, como o mellor deportista masculino do ano[8]. En 2013 recibiu o premio La Leyenda ao Mellor Deportista Español da Historia, no 75 Aniversario de Marca[9] e o galardón Comeback Player of The Year ATP, trala súa lesión e recuperación. En 2014 o diario Mundo Deportivo nomeouno Mellor Deportista Español e recibiu por terceira vez o recoñecemento do Laureus World Sports, nesta ocasión como a mellor reaparición do ano anterior[10]. Neste mesmo ano de 2014 foille concedida a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, que lle impuxo o Primeiro de maio de 2015 o presidente do goberno español, Mariano Rajoy[11]. O 4 de maio de 2015 foi investido doutor honoris causa pola Universidade Europea de Villaviciosa de Odón[12]. Aínda recibe un recoñecemento máis en maio de 2015: nos días previos ao comezo de Roland Garros recibe a máxima distinción do concello de París, a "Grand Vermeil", de mans da alcaldesa de orixe española Anne Hidalgo[13].

En abril de 2017, durante o transcurso do 65º Torneo Conde de Godó, o Real Club de Tenis Barcelona toma a decisión de renomear a súa pista central co nome de "pista Rafa Nadal", e o 26 de abril, trala disputa dun partido no que vence Nadal, preséntaselle a placa co novo nome da pista[14]. Durante a celebración do torneo de Roland Garros deste ano, no que Nadal vence por décima vez, o presidente da Federación Francesa de Tenis anuncia que Rafa Nadal contará cunha estatua nas instalacións do Aberto de Francia aínda que se quede en nove títulos, porque di é un monstro do tenis[15].

O 10 de xuño de 2018 gaña por undécima vez o torneo Roland Garros, igualando a marca de 11 títulos nun mesmo torneo de Grand Slam de Margaret Court, acadados no Aberto de Australia. Nas semifinais do US Open ten que abandonar por unha lesión, perdéndose os torneos restantes dese ano e descendendo ao segundo posto da clasificación ATP.

En 2019 recupera o número 1. É a quinta vez que consegue rematar o ano no máis alto, sendo superado só por Novak Đoković e Pete Sampras, con 7 e seis 6 respectivamente, e igualando a Roger Federer e Jimmy Connors; conseguindo tamén superar as 200 semanas no primeiro posto[16]. Conseguiu a vitoria nos Grand Slam de Roland Garros (o seu duodécimo título que o converten no tenista en solitario, incluídas mulleres, con máis títulos nun Grand Slam) e os Estados Unidos (o seu cuarto US Open), e foi finalista no Open de Australia. Ademais venceu nos Masters 1000 de Roma e o Canadá, e levantou a súa quinta Copa Davis con España e a súa segunda Laver Cup con Europa. Remata o ano gañando por quinta vez o torneo de exhibición Mubadala World Tennis Championship de Abu Dhabi.

  1. ATP (ed.). "Clasificación singles do circuíto profesional da ATP" (en castelán). Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 11 de xullo de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Nadal asciende al Olimpo, El País, 17 de agosto de 2008
  3. Rio 2016, ed. (12/08/2016). "Após batalha, Nadal e López ganham o ouro nas duplas" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  4. Datos a 11 de xullo de 2022
  5. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ed.). "Medallas de la Real orden del mérito deportivo durante el año 2006" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  6. Laureus World Sport (ed.). "Awards 2006" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  7. El País, ed. (3 de setembro de 2008). "Rafa Nadal, premio Príncipe de Asturias de los Deportes". elpais.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  8. Laureus World Sport (ed.). "Awards 2011" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  9. Almudena Rivera e David Menayo (26/11/2013). Diario Marca, ed. "Nadal recibe el premio La Leyenda". marca.com (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  10. Laureus World Sport (ed.). "Awards 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  11. Diario Público, ed. (1/5/2015). "Rajoy entrega a Nadal la Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo" (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2015. 
  12. Universidad Europea (ed.). "Acto de investidura Doctor Honoris Causa de Rafael Nadal" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015. 
  13. diario Sport, ed. (19/5/2015). "Nadal será condecorado con la máxima distinción de París" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  14. Darío Ojea (26/4/2017). El Confidencial, ed. "Nadal debuta en su pista con una contundente victoria ante Dutra" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  15. El Periódico, ed. (2/6/2017). "Nadal contará con una estatua en Roland Garros" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  16. ATP (ed.). "Former no. 1s" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne