Ralph Lee Sampson, Jr., nado o 7 de xullo de 1960 en Harrisonburg, Virxinia, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 9 temporadas cos Houston Rockets, Golden State Warriors, Sacramento Kings e Washington Bullets da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,24 m, foi escollido no primeiro lugar no Draft da NBA de 1983. Nos seus tres primeiros anos na competición fixo unha media de 20,7 puntos e 10,9 rebotes por partido, o que lle valeu ser nomeado Rookie do Ano. Porén, as lesión cortaron a súa progresión, provocando a súa perda de protagonismo cos anos. Desde 2012 é membro do Salón da Fama do Baloncesto.