Rated R

Rated R
Álbum de Queens of the Stone Age
Publicado6 de xuño do 2000
Gravacióndecembro de 1999 - febreiro do 2000
Estudio(s)Sound City, Van Nuys, California
Duración42:10
Xénero(s)stoner rock
Selo(s)Interscope Records
ProdutorChris Goss e Josh Homme
Cronoloxía
The Split CD Rated R Songs for the Deaf
Na rede
Spotify: 05tJhGl52X4zGe0ySlcBk6 Discogs: 3269 Allmusic: mw0000063796 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rated R é o segundo álbum da banda estadounidense de stoner rock Queens of the Stone Age, editado o 6 de xuño do 2000 a través do selo Interscope Records. Sacáronse tres sinxelos do álbum: "The Lost Art of Keeping a Secret", "Feel Good Hit of the Summer" e "Monsters in the Parasol", facendo o primeiro deles que Queens of the Stone Age acadase a popularidade entre o grande público.

Como en todos os traballos da banda non faltan as colaboracións de músicos amigos. Neste podemos atoparnos, entre outros, ao produtor Chris Goss tocando o piano, baixo, percusión e facendo coros; a Mark Lanegan cantando e facendo coros ou a Rob Halford de Judas Priest colaborando tamén con coros.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne