Raza, definida pola Oficina do Censo dos Estados Unidos e pola Oficina de Administración e Orzamento (OMB), é un elemento informativo de auto-identificación no que os residentes escollen a raza ou razas coas que se senten máis identificados[1]. As categorías representan unha construción socio-política deseñada para a raza ou razas que se consideran a si mesmas como existentes e "xeralmente reflicten unha definición social de raza recoñecida neste país"[2]. A OMB define o concepto de raza como está deliñado no Censo Americano para tomar en conta ambos os conceptos de antepasado e cultura.[3] Raza e etnia eran consideradas como dúas entidades separadas e distintas, preguntándose diferenciadamente a orixe hispana. Polo tanto, axuntado ás súas razas, os enquisados eran categorizados como membros dunha ou máis etnias: Hispano ou Latino, e Non Hispano ou Latino.