Ready Player One | |
---|---|
Título orixinal | Ready Player One |
Autor/a | Ernest Cline |
Orixe | ![]() |
Lingua | Inglés |
Tema(s) | MMORPG, realidade simulada, 1980s in video gaming e Metaverso |
Xénero(s) | Distopía, ciencia ficción |
Editorial | Random House |
Data de pub. | 16 de agosto de 2011 |
Páxinas | 374 |
ISBN | ISBN 978-0307887436 |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ready Player One é unha novela distópica de ciencia ficción de Ernest Cline publicada no ano 2011, a súa primeira obra deste tipo. No 2012 o libro recibiu un Premio Alex por parte da división Young Adult Library Services Association da Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos de América[1] e gañou o Premio Prometheus de 2012.[2]
Cline chegou a un acordo polos dereitos de publicación da novela en xuño de 2010 con Crown Publishing Group (unha división de Random House), tras recibir varias ofertas de varias editoriais.[3] O libro publicouse o 16 de agosto de 2011.[4] Ese mesmo día publicouse unha adaptación en audiolibro da obra, narrada por Wil Wheaton, que recibiu unha breve mención nun dos capítulos do libro.[5][6][7]
Unha adaptación cinematográfica, dirixida por Steven Spielberg, foi estreada en marzo de 2018.