Real Zaragoza

Real Zaragoza
NomeReal Zaragoza, S.A.D.
Alcume(s)Blanquillos;
Maños
Fundación18 de marzo de 1932 (92 anos)
EstadioLa Romareda,
Zaragoza, España
Inauguración8 de setembro de 1957
Capacidade33.608
PropietarioFundación Zaragoza 2032
Presidente Jorge Mas
AdestradorEspaña Miguel Ángel Ramírez
LigaSegunda División
2023–24Segunda División, 15.º de 22
VestimentaAdidas
PatrocinadorCaravan Fragancias
Na rede
realzaragoza.com
Facebook: RealZaragozaOficial Twitter: RealZaragoza Instagram: realzaragoza LinkedIn: real-zaragoza Youtube: UCWDuLns0JJjIZIkYjbFGq_w TikTok: realzaragoza Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Real Zaragoza é un club de fútbol español da cidade de Zaragoza (Aragón). Foi fundado en 1932 da unión do Iberia SC e do Zaragoza CD, os dous clubs máis importantes da cidade naquela época. Actualmente compite na Segunda División.

É o 9.º equipo na Clasificación histórica da Primeira División[1] completando 55 tempadas na devandita categoría. Foi subcampión nunha ocasión e conta ademais con 6 títulos de Copa, unha Supercopa de España e, a nivel europeo, unha Recopa e unha Copa de Feiras, ademais de numerosas participacións para competicións continentais.

O 10 de setembro de 2009, a IFFHS publicou a clasificación dos mellores clubs europeos do século XX, ocupando o Real Zaragoza a posición número 37[2] debido aos campionatos europeos conseguidos no século XX, a Copa de Feiras de 1964 e a Recopa de Europa en 1995. Actualmente ocupa o posto número 355 na clasificación mundial de clubs da IFFHS[3] e o 59º posto na clasificación histórica do mesmo organismo.[4]

Conta cuns 30.000 abonados e un orzamento anual de 36.000.000 . É o 7º equipo en número de afeccionados en España (2,7%),[5] segundo a enquisa do CIS de maio de 2007.

  1. "Clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol". webprincipal.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  2. "O Club do Século de Europa". IFFHS. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  3. "Clasificación Mundial dos Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  4. "Clasificación histórica do Ranking Mundial de Clubs". IFFHS. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  5. "Enquisa CIS sobre equipos de fútbol". CIS. Consultado o 15 de xaneiro de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne