Rebuild of Evangelion, tamén coñecido no Xapón e en Amazon Prime Video como Evangelion: New Theatrical Edition (ヱヴァンゲリヲン新劇場版 Evangerion Shin Gekijōban?), é unha serie de filmes de animación que contan de novo a historia da serie de televisión animme Neon Genesis Evangelion, producida por Studio Khara. Hideaki Anno actuou como escritor e director xeral do proxecto, con Kazuya Tsurumaki e Masayuki como directores dos filmes. Yoshiyuki Sadamoto, Ikuto Yamashita e Shirō Sagisu volveron achegar os deseños de personaxes, deseños mecánicos e música, respectivamente.
É unha tetraloxía que emprega animación dixital, algo de animación 3D CG, e ofrece novas escenas, escenarios e personaxes, cunha conclusión completamente nova na cuarta e última película. Outra intención declarada da serie é que sexa máis accesible para os non seareiros do que o foron as series de televisión e os filmes orixinais.[1][2]
It will be a work that can be enjoyed even if you have not seen the TV series. I want old hard-core fans and even fans who just know Eva from pachinko to view it as a single (i.e. stand-alone) movie. We welcome first-time viewers…