Reconquista de Vigo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra da Independencia en Galicia | |||||||||||||||
Gravado publicado en 1846.[1] | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Belixerantes | |||||||||||||||
Pobo de Vigo Armada británica Exército portugués |
Exército francés | ||||||||||||||
Líderes | |||||||||||||||
Cachamuíña Vázquez Varela Pablo Morillo Juan Almeida J. Coutts Crawford |
J. Antonio Chalot[2] | ||||||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||||||
ca. 6.000 homes | ca. 1.750 homes | ||||||||||||||
Baixas | |||||||||||||||
Case 30 mortos | Máis de 100 mortos |
Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.