Rede punto a punto

En telecomunicacións, unha rede punto a punto refírese a unha conexión de comunicacións entre dous puntos ou nós de comunicación. Un exemplo é unha chamada telefónica, na que os teléfonos están conectados entre si e o que di un interlocutor só o pode escoitar o outro. Isto contrasta cunha conexión de rede multipunto ou de broadcast, na que moitos nós poden recibir información transmitida por un só nó. Outro exemplo de ligazón de comunicación punto a punto son as liñas dedicadas.

O termo tamén se usa nas redes de ordenadores e na arquitectura de ordenadores para referirse a un fío ou outra conexión que liga só dous ordenadores ou circuítos, a diferenza doutras topoloxías de rede como os buses que poden conectar moitos dispositivos de comunicación.

A expresión Punto a punto ás veces abreviase como P2P. Este uso de P2P é conflitivo porque o significado máis frecuente é "peer-to-peer" no contexto de redes de intercambio de ficheiros ou outros protocolos de troco de datos entre pares.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne