Reino de Trinacria

Modelo:Xeografía políticaReino de Trinacria

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°35′31″N 16°04′44″L / 38.5919, 16.0789
CapitalPalermo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1282 Editar o valor en Wikidata
Disolución1442 Editar o valor en Wikidata

Bandeira das Vésperas sicilianas.
Costanza II de Sicilia.

O Reino de Trinacria, tamén coñecido como Reino da Sicilia insular ou mesmo como Reino de Sicilia, constiuíuse en 1282, ano da coroación de Pedro III de Aragón, e consolidouse en 1302, ano da paz de Caltabellotta cando, á conclusión da primeira fase da guerra das Vésperas sicilianas, o Reino de Sicilia foi oficialmente dividido en dúas partes: a illa de Sicilia, denominada oficialmente como Reino de Trinacria, pero informalmente como Reino de Sicilia.

Ao mesmo tempo, a parte continental do Reino de Sicilia asumía a denominación de Reino da Sicilia citerior máis comunmente coñecido como Reino de Nápoles (e informalmente tamén como Reino de Sicilia), baixo a coroa do rei Carlos II de Anjou.

O nome "Trinacria" foi escollido en honor ao antigo símbolo da illa, o tríscele, termo derivado do grego τρισκέλιον triskélion, de τρισκελής triskelís, "con tres pernas", un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne