Rìoghachd na h-Alba (gd) Kinrick o Scotland (sco) Kingdom of Scotland (en) ![]() | ||||
Himno | Himno de Escocia ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Lema | «In My Defens God Me Defend (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Capital | Edimburgo (1452–) ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.250.000 (1700) ![]() | |||
Lingua oficial | Lingua gaélica escocesa Lingua scots lingua latina ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 78.782 km² ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | século IX ![]() | |||
Disolución | 30 de abril de 1707 ![]() | |||
Sucedido por | Reino de Gran Bretaña ![]() | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | |||
• Raíña ![]() | Ana de Gran Bretaña (1702 (Xuliano)–1707 (Xuliano)) ![]() | |||
Órgano lexislativo | Parlamento de Escocia , (Escano: 233) ![]() | |||
Moeda | libra escocesa ![]() | |||
O Reino de Escocia foi un estado localizado no oeste de Europa, ao norte da illa de Gran Bretaña no territorio do que hoxe é o país constituínte do Reino Unido de Escocia. Existiu entre aproximadamente o ano 843 até a Lei de Unión de 1707 cando se uniu ao Reino de Inglaterra (927-1707) para formar o Reino de Gran Bretaña (1707-1800). A súa poboación cara ao ano 1700 era de aproximadamente 1,1 millóns de habitantes.
A coroa da Escocia e a súa formación ten unha longa e complexa historia: dende os diferenciados gobernos autónomos (clans), até o xurdir dun único Rei ao redor do século XII para reinar a maior parte do que hoxe se coñece como Escocia. O século XIII foi duro e difícil para a coroa escocesa xa que mantiña complicadas loitas para manter súa independencia do Reino de Inglaterra, máis extenso e habitado. Esa loita se estendería durante moito tempo, con episodios como o de William Wallace (recreado no filme Braveheart), e non sería até o reinado de Robert the Bruce cando acadarían a tranquilidade despois de derrotar ás forzas inglesas do Rei Eduardo II na Batalla de Bannockburn en 1314. En 1603 o rei escocés Xacobe VI ascende ao trono de Inglaterra, esta unión de coroas foi seguida pola unión dos parlamentos no ano 1707.