![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2022.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Sinope (183 a. C.–63 a. C.) Amasia (291 a. C.–183 a. C.) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Grego antigo ![]() | ||||
Relixión | Sincretismo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 281 a. C. ![]() | ||||
Disolución | 62 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | ||||
O reino do Ponto (en grego antigo: Βασιλεία τοῦ Πόντου, Basileía toû Póntou, en latín: Regnum Pontii) foi un estado da parte norte de Asia Menor. Os antigos habitantes eran os bébrices.
O Reino do Ponto, propiamente, foi fundado no ano 291 a. C. por Mitrídates I, durante o período helenístico, despois das guerras dos Diádocos. Mitrídates, asentouse nas montañas de Paflagonia Estaba situado no nordeste da península de Anatolia, na mesma costa do mar Negro, entre os ríos Fasis e Halis, e ese espazo era coñecido como a rexión do Ponto.
Por unha banda, pode considerarse herdeiro dun estado iraniano da cultura persa, pois Mitrídates era un nobre que procedía dunha dinastía de orixe persa que podería provir de Darío I e a dinastía aqueménida, mais tamén dende as súas orixes experimentou unha influencia continua da cultura helénica debido ás colonias gregas na costa do mar Negro, presentes xa no século VIII a. C., e ás relacións cos seus veciños do Reino de Pérgamo e do Imperio Seléucida.