Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Francia (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tournai (431–508) París (508–768) Aquisgrán (768–843) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua fráncica lingua latina | ||||
Relixión | cristianismo e mitoloxía franca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.200.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 481 | ||||
Disolución | 843 | ||||
Sucedido por | Imperio Carolinxio | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía feudal temperá | ||||
Moeda | Denier (pt) | ||||
O Reino franco designa o territorio xeográfico dos francos, que, estabelecidos no limes do Imperio Romano, aproveitaron a decadencia da autoridade romana durante o século V, para se expandiren na Galia romana. De entre todos os pobos francos, os merovinxios encabezados por Clodoveo I lograron eliminar toda competencia e aseguraron o dominio da súa dinastía sobre os territorios dos francos non romanizados, sobre as romanas Dioecesis Viennensis e Dioecesis Galliarum (ocupando os territorios dos visigodos e burgundios, e sobre parte de territorios xermanos non romanizados como Alemaña, Turinxia ou Baviera. De modo que se estabelecerían sobre os territorios de actuais países como Francia, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Alemaña ou Suíza.