Reis latinos

Coñécese como Reis latinos, ou Reis de Alba Longa, a serie de reis lendarios do Lacio e Alba Longa que, na mitoloxía romana, encheron o oco de tempo entre o desembarco de Eneas no Lacio e a fundación de Roma por Rómulo e Remo. Foi sucedida pola serie de reis coñecida como «os reis etruscos» para distinguilos dos reis albanos, a pesar de que só algúns dos seus membros foron etruscos.

Ascanio, o primeiro da dinastía, fundou Alba Longa ao redor da metade do século -XII, algún tempo despois da destrución de Troia (que, segundo Eratóstenes, ocorreu no ano -1184). O seu sucesor foi Silvio, que ás veces é considerado o seu medio irmán e ás veces fillo seu. Por tanto, a orixe da dinastía real podería remontarse tanto aos pais de Silvio, (ben sexa Ascanio ou ben Eneas e Lavinia), como ao pai de Lavinia, Latino.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne