Renegades | |
---|---|
Álbum de versións de Rage Against the Machine | |
Edición | 5 de decembro do ano 2000 |
Gravación | 2000 |
Estudio(s) | Cello Studios, Hollywood The Village Recorder, Os Ánxeles |
Duración | 60:36 |
Xénero(s) | rap metal, metal alternativo, rapcore, funk metal |
Selo(s) | Epic Records |
Producido por | Rick Rubin, Brendan O'Brien e Rage Against the Machine |
Renegades é o cuarto e derradeiro álbum de estudio da banda Rage Against the Machine. É un disco composto enteiramente por versións de artistas como Minor Threat, MC5, Rolling Stones, Cypress Hill e Devo, e foi editado o 5 de decembro do ano 2000 pola Epic Records, un tempo despois de que Zack de la Rocha dixera que deixaba o grupo. O resto dos membros da banda uniuse logo co ex vocalista de Soundgarden, Chris Cornell, e formaron o supergrupo Audioslave. Rage tivo de todos os xeitos, outro álbum, Live at the Grand Olympic Auditorium, un disco que contén as cancións dos dous últimos concertos que realizaron.
A versión Europea deste disco contén a canción "Kick out the Jams" e "How I Could Just Kill A Man" (con Cypress Hill), tocando durante eses últimos concertos, nos Ánxeles.
A portada do disco lembra á icona da arte pop LOVE (Amor) de Robert Indiana. Hai dúas versións de portadas, unha coas letras negras e o fondo negro e azul, e outra con cor verde substituíndo o azul.