Renfe Feve, coñecida simplemente como Feve,[1] é unha división comercial do operador ferroviario español Renfe Operadora encargada da explotación e xestión de distintos ferrocarrís de vía estreita e que opera nas comunidades autónomas de Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e Rexión de Murcia.
Dita división é a herdeira da entidade pública empresarial Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE),[2] un operador ferroviario propiedade do Estado español fundado en 1965 e que se encargaba de explotar os devanditos servizos así como as estacións e as infraestruturas deles. Esta empresa desapareceu o 31 de decembro de 2012 a causa do plan do Goberno para a unificación dos operadores estatais de vía ancha e estreita.[3]