Renfe Operadora

Renfe Operadora

Tren co logotipo e cores corporativas de Renfe en Santiago de Compostela.
TipoEntidade Pública Empresarial
Fundación1 de xaneiro de 2005 (20 anos)
MatrizGrupo Renfe
LocalizaciónAvenida de Pío XII, 110
28036 Madrid España
FundadorMinisterio de Fomento de España
Persoas claveIsaías Táboas (presidente)
Óscar Puente Santiago (ministro de Fomento)
IndustriaTransporte ferroviario
ProdutosAVE · AV City · Alvia · Altaria · Avant · Euromed · Intercity · MD · Feve · Rexional · Rexional Exprés · Talgo · Trenhotel
Número de empregados14.124 (2016)[1]
Na rede
http://www.renfe.com
TikTok: renfe BNE: XX256151
editar datos en Wikidata ]

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe,[2] é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico de mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario[3], que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

  1. "ENTIDAD PUBLICA EMPRESARIAL Renfe Operadora • CUENTAS ANUALES CONSOLIDADAS 31 de Diciembre 2016 • INFORME DE GESTIÓN Ejercicio 2016" (PDF). www.renfe.com (en castelán). 
  2. "ENTIDAD PUBLICA EMPRESARIAL Renfe Operadora • CUENTAS ANUALES CONSOLIDADAS 31 de Diciembre 2016 • INFORME DE GESTIÓN Ejercicio 2016" (PDF). www.renfe.com (en castelán). 
  3. "Lei do Sector Ferroviario" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2007. Consultado o 22 de xuño de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne