![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2018) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Rescate financeiro (bail-out en inglés) é o termo que se lle atribúe á acción de concederlle unha axuda económica a unha empresa ou a un Estado que estea sufrindo unha seria dificultade financeira ou unha situación de quebra. Este termo tamén pode ser utilizado para referírmonos ao feito de permitir que unha empresa en situación próxima á ruína quebre sen que se produza contaxio financeiro. Un rescate pode evitar un proceso de insolvencia, aínda que isto non acontece sempre.
O termo procede do vocabulario de ámbito marítimo e significa "achicar auga dun barco que se está a afundir utilizando un balde pequeno". O termo bail-out (rescate) diferénciase do termo bail-in (rescate interno), acuñado ao redor de 2010, en que os propietarios de bonos ou os depositantes de institucións financeiras sistemicamente importantes a nivel mundial (en inglés G-SIFI: Systemically Important Financial Institution) son obrigados a formar parte do proceso, mais os contribuíntes supostamente non. Algúns gobernos teñen autoridade para participar no proceso de insolvencia: un exemplo disto foi cando o goberno dos Estados Unidos interveu no rescate a General Motors entre os anos 2009 e 2013.