Reserva da biosfera | |
---|---|
![]() | |
Tipo | designación de conservación |
Propósito | Desenvolvemento en áreas protexidas de proxectos de desenvolvemento sustentable |
Campo de traballo | Ambiente |
Nomeado en referencia a | biosfera |
País | Internacional |
[ editar datos en Wikidata ] |
As reservas da biosfera son lugares para proba de proxectos de desenvolvemento sustentable da iniciativa Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco.[1] As reservas abranguen territorios con ecosistemas terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. Búscase conservar a biodiversidade e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a investigación, a educación e a formación da sociedade.[1]
As reservas da biosfera deben incluír unha ou varias área protexidas, onde se conservará súa biodiversidade, e zonas na que se promoven iniciativas de desenvolvemento sostible e conservación.[2] As entidades locais e os gobernos deben ser quen propoñan novas reservas. Un comité internacional avaliaraos para ser declarados como reserva natural, o cal obrigará aos solicitantes ao cumprimento da súa finalidade.[2]
A lexislación española a través da lei 42/2007 e a lei 5/2019 galega recoñécenas como áreas protexidas por instrumentos internacionais e asentan o marco legal para o recoñecemento da figura de reserva da biosfera no estado e a súa forma de xestión.[3][4]
Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MaB creáronse ata o 2020 714 reservas da biosfera. Están en 129 estados da UNESCO e 21 deles son reservas transfronteirizas.[5][2]