Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | El Chaco | |||
Departamento da Arxentina | San Fernando (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 298.611 (2022) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 562 km² ![]() | |||
Altitude | 50 m ![]() | |||
Creación | 1878 ![]() | |||
Organización política | ||||
• Mayor of Resistencia (en) ![]() ![]() | Roy Nikisch (2023–2027) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | H3500 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 362 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | resistencia.gob.ar ![]() | |||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Resistencia é unha cidade da Arxentina, capital e cidade máis poboada da Provincia do Chaco, ademais do seu principal centro cultural e económico. Abarca a área metropolitana, coñecida como Gran Resistencia, que en 2001 alcanzaba os 350 mil habitantes.
Está situada ao sueste da provincia e na parte nordeste do departamento San Fernando, do cal é capital. A proximidade coa cidade de Corrientes permite a integración de ambas cidades en forma de conurbano, o que as converte nun importante centro metropolitano do Nordeste arxentino (NEA). Na rexión NEA destaca como un nó de comunicacións.
A nivel nacional é recoñecida como Capital Nacional das Esculturas, pola presenza de numerosas obras escultóricas nas rúas da cidade que a converten nun museo a ceo aberto.
A municipalidade de Resistencia é o órgano encargado de rexer a urbe e as zonas rurais da mesma. Esta extensión avanza polo departamento San Fernando cara ao norte e sur da cidade, quedando algunhas poboacións da ruta Provincial Nº 13 baixo a xurisdición da mesma. A principal actividade económica é a administración pública, o comercio e os call center.
Xeograficamente é atravesada polo río Negro, e conta cunha gran cantidade de lagoas; o seu clima é semitropical semiestépico.
Foi fundada en 1878 sobre a base dun asentamento forestal, ao que se sumou un continxente de inmigrantes friulianos que formaron a primeira colonia agrícola do Chaco, e que permitiría logo a colonización do resto do territorio.