Reva | |
---|---|
![]() Ilustración representando o deus Reva, segundo unha intelixencia artificial. | |
Outros nomes | Reve, Reue ou Reo |
Xénero | Masculino |
Rexión | Gallaecia e Lusitania |
Grupo étnico | Galaicos e lusitanos |
Equivalentes | |
Equivalente grego | Zeus |
Equivalente romano | Xúpiter |
Reva, tamén chamada ás veces Reve, Reue ou Reo,[1] é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e á morte. É a divindade máis difundida na Gallaecia interior, con dez dedicacións galaico-romanas.[2] Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas Burgas de Ourense do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos romanos) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas ou fontes termais.
Polo xeral, Reva aparece cun epíteto relativo a un lugar, como Reo Paramaeco descuberto en Lugo. Ás veces, está relacionado con deidades asociadas ás montañas baixo o epíteto Reo Larouco.