Umana Reyer Venezia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Alcume | Reyer, Orogranata, Lagunari |
Fundación | 1872 |
Cores | Granate, ouro, branco |
Presidente | Federico Casarin |
Adestrador | Walter De Raffaele |
Patrocinador | Umana |
Localización | |
Cidade | Venecia, Italia |
Pavillón | Palasport Taliercio |
Capacidade | 3 509 |
Inauguración | 1978 |
Campionatos | |
Europe Cup | 1 (2018) |
Liga | 4 (1942, 1943, 2017, 2019) |
Copa | 1 (2020) |
reyer.it |
O Reyer Venezia Mestre, actualmente coñecido como Umana Reyer Venezia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Venecia, Véneto. Fundado en 1872 como o club deportivo Società Sportiva Costantino Reyer, comezou a albergar un equipo de baloncesto en 1925. Os seus maiores éxitos son catro títulos de Liga, en 1942, 1943, 2017 e 2019, un de Copa, 2020, así como unha FIBA Europe Cup en 2017 e un subcampionato da Copa Korać en 1981. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.