Rianxo | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Comba de Rianxo. | |
Concello | Rianxo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°38′56″N 8°49′02″O / 42.6489, -8.8172 |
Poboación | 4.746 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Comba de Rianxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 4.856 habitantes (2.418 homes e 2.438 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que representa un aumento en relación ao ano 2004 (cando tiña 4.374 habitantes) e ao ano 1999 (cando tiña 4.251 habitantes).
Esta parroquia e mais a de Leiro, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado [2].